A cita, que se celebra do 29 de outubro ao 1 de novembro, congrega cada ano a máis de 500 expositores e a 100.000 visitantes
Está considerado como un dos grandes eventos do Norte de Portugal . Acostuma reunir más de 500 expositores e atrae a uns 100.000 visitantes. É o “gran acontecemento de Trás-os-Montes e Alto Douro, no plano socioeconómico e cultural da cidade e de toda a rexión Transmontana”, tal e como se resalta dende a organización.
O evento levarase a cabo polas principais rúas de Chaves, con todo tipo de productos: vestiario, calzado, artesanía nacional e internacional, antigüidades, coitelerías, enchidos, queixos ou produtos agrícolas, entre outros moitos.
Outro dos seus referentes será o Concurso Nacional Pecuário das raças Barrosã, Maronesa e Mirandesa, que acada a súa 14ª edición e o Concurso Concelhio de Suínos de Raça Bísara, que se fai por tercer ano. Así mesmo, será a primeira ocasión na que se celebre o Concurso Concelhio de Ovinos de Raça Churra Galega Bragançana.
O programa incluirá multitude de actividades complementarias para todas as idades como actuacións musicais e de danza tradicional, coloquios, degustación de viños, concertos, etc. E por décimo ano consecutivo farase “O Comércio sai à Rua”, unha iniciativa promovida para dinamizar o comercio local. Esta nova feira/festa de Chaves será organizada pola Associação Empresarial do Alto Tâmega (ACISAT) e polo Município de Chaves.
Ao mesmo tempo, terá lugar a segunda edición de “Sabores de Chaves – Pavilhão do Vinho”, un espazo onde os visitantes poderán descubrir os sabores de Chaves e os recoñecidos viños de esta zona portuguesa. Este evento será promovido polo Município de Chaves, en colaboración coa EHATB (Empreendimento Hidroelétricos do Alto Tâmega e Barroso, EIM, SA.) e terá lugar no Pavilhão da Expoflávia.