Skip to main content

Braga, candidata a mellor destino turístico europeo 2021

Braga, candidata a mellor destino turístico europeo 2021

 A cidade Braga, un dos 38 territorios que forman parte do Eixo Atlántico, vén de ser nomeada pola plataforma European Best Destinations como candidata a mellor destino europeo en 2021

22 de xaneiro de 2021. A cidade Braga, un dos 38 territorios que forman parte do Eixo Atlántico, vén de ser nomeada pola plataforma European Best Destinations como candidata a mellor destino europeo en 2021.

A iniciativa busca destacar aquel lugar europeo con maior atractivo para visitar unha vez se reimpulse a mobilidade tras a crise da Covid-19. Braga compite con outras cidades como Viena, Florencia, as illas Lofoten, Kotor, Roma, París ou Cornualles como destino de referencia para o primeiro ano post-covid.

A iniciativa promovida por European Best Destinations acada en 2021 a súa duodécima edición. Nos últimos anos destacáronse cidades como Colmar (Francia), Breslavia (Polonia), Budapest (Hungría) ou Porto (Portugal). O movemento de mellores destinos turísticos europeos está impulsado pola rede de Destinos Europeos de Excelencia, EDEN polas súas siglas en inglés: a rede de destinos turísticos recoñecidos pola Comisión Europea pola súa calidade na oferta turística e respecto ao medio ambiente.

Para apoiar a Braga como mellor destino de turismo europeo en 2021, clica aquí e vota antes do 10 de febreiro.