Skip to main content

Barcelos publica guía dos mercados tradicionais da eurorrexión

Barcelos publica guía dos mercados tradicionais da eurorrexión

O Centro de Promoción do Mercado Tradicional, CPMT de Barcelos acaba de publicar unha guía gráfica dos principais mercados tradicionais e feiras da eurorrexión Galicia Norte de Portugal

Trátase dunha publicación única na súa concepción ao achegar, de forma gráfica e resumida a localización dos mercadostradicionais así como as datas de celebración.

O Centro de Promoción do Mercado Tradicional CPMT abriu ao público o 17 de xaneiro do 2013 no ámbito do proxecto europeo Eixo Interior que lidera o Eixo Atlántico. Este posibilita recuperar o concepto de mercado con conexións ao ambito agrícola, artístico e creativo das localidades, pobos e cidades da Eurorrexión, como forma de preservar a identidade e dinamizar a economía local. En paralelo, esta estrutura permite potenciar o aumento da atractividade turística a través da presentación de produtos diferenciadores e identificativos da Eurorrexión.

O obxectivo xeral do Centro de Promoción do Mercado Tradicional é crear unha política de excelencia na organización e promoción dos mercados tradicionais. Para a concreción deste obxectivo preséntase como un espazo de información, apoio e coñecemento ao sector dos mercados do Norte de Portugal e de Galicia.