Skip to main content

Arde Lucus : Lugo volve ás súas orixes até o domingo

Arde Lucus : Lugo volve ás súas orixes até o domingo

Será o primeiro que se celebra contando xa coa consideración de Festa de Interese Turístico Internacional

Arde Lucus 2023 arrinca este xoves, 22 de xuño, en Lugo, cunha intensa programación de catro días que mesturará gladiadores, comerciantes, soldados, deuses galaicos, druídas, comerciantes ou sacerdotisas. Os romanos e os castrexos están listos para tomar as rúas, e a viaxe de Lugo no tempo incluirá numerosas propostas

O Arde Lucus regresa con máis forza que nunca neste 2023, despois de reporse a unha pandemia mundial e de aproveitar ese momento como unha oportunidade para impulsar internacionalmente a súa fama.

A rexedora de Lugo, Lara Méndez e o edil Miguel Fernández deron conta do dispositivo especial de limpeza viaria e recollida de lixo que o Concello de Lugo habilitará durante o Arde Lvcvs, o primeiro que se celebra contando xa coa consideración de Festa de Interese Turístico Internacional.

Unha proxección que se alcanzou grazas ao labor e implicación do tecido asociativo da cidade, das súas veciñas e veciños, verdadeiros artífices de que esta celebración sexa todo un referente festivo e unha cita única en España coa que os e as lucenses homenaxean o seu pasado.

Durante catro días, "Lucus Augusti" revivirá con paixón as súas orixes e a súa fama reverberará con forza a nivel mundial para dar conta da consolidación que Lugo está a adquirir como atractivo turístico e patrimonial.

Consulte a súa programación neste ENLACE