Con motivo da celebración do San Froilán 2015, o Concello de Lugo convoca o segundo Concurso de polbeiras e polbeiros San Froilán 2015. O concurso ten como obxectivo incentivar e premiar os coñecementos e habilidades das polbeiras e polbeiros profesionais do ámbito de Galicia en materia de elaboración e servizo do “Polbo á feira” como alimento tradicional das feiras e festas do San Froilán e así seguir mantendo unha gastronomía que xa forma parte da nosa cultura.
O concurso será o 8 de outubro no Mercado Municipal de Abastos dende as 16:30h e o xurado estará composto por profesionais do sector que valorarán o sabor, a textura, punto de cocción, adobo, corte e presentación. A continuación haberá unha degustación popular. Será limitada a un máximo de 300 persoas, que deberán retirar previamente o ticket no propio mercado por importe de 1 € ese mismo día entre as 17,00 e as 19,30 horas.
Os profesionais interesados deberanse apuntar ata o 22 de setembro no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no fax 982 29 71 06. Tan só se admiten oito participantes e escolleranse por orde de inscrición. O gañador recibirá un premio de 1.000 euros e o segundo clasificado será agasallado cunha noite de aloxamento, almorzo e circuíto termal no Balneario de Lugo. Todos os participantes recibirán un lote de produtos do Mercado Municipal e diploma acreditativo.
Máis información clicar aquí