Skip to main content

A Xunta publica a orde que establece as cautelas sanitarias para os viaxeiros chegados doutros territorios

A Xunta publica a orde que establece as cautelas sanitarias para os viaxeiros chegados doutros territorios

O Goberno galego vén de publicar a orde para o establecemento de medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios.

As persoas que cheguen á Comunidade Autónoma de Galicia despois de ter estado, dentro do período dos catorce días naturais anteriores á dita chegada, en territorios cunha alta incidencia da COVID-19 en comparación coa existente na Comunidade Autónoma galega ou respecto dos cales non se dispoña de información ou de datos fiables sobre a situación epidemiolóxica existente neles, terán que seguir as regras contidas na seguinte orde publicada onte no DOG.

Os traballadores fronteirizos e persoas que crucen asiduadamente entre os dous países para estancias breves dentro do mesmo día (compras, servizos) só terán que rexistrarse unha vez, deixando baleira a data de saída na ficha do formulario.

En calquera caso esta medida é de carácter exclusivamente preventivo e sanitario e non condiciona ningún tipo de mobilidade dentro de Galicia para as persoas que a visiten nin obriga a ningún tipo de corentena nin medida similar. Ao mesmo tempo, garante a todos os visitantes a asistencia médica especializada en caso de síntomas compatibles coa COVID-19 e pretende unha detección temperá en caso de contaxio activo ou pasivo.

Ademais, segundo consta na orde, os datos dos visitantes e viaxeiros vense sometidos ás restricións de usos que establece a Lei de Protección de Datos. Estes datos só serán usados para fins sanitarios e borraranse nun prazo de 28 días naturais a partir da data de saída.

Para máis información https://www.sergas.es/

ORDE DA XUNTA PUBLICADA NO DOG

FICHA PARA O REXISTRO

TERRITORIOS  DE PROCEDENCIA . Esta resolución será actualizada cada 15 días.

TELÉFONO PARA A COMUNICACIÓN DE SÍNTOMAS:  881 00 20 21 (chamada nacional desde España)

TELÉFONO GRATUÍTO DE INFORMACIÓN:  900400116