O recoñecemento de Interreg Europe obtense tras a avaliación de expertos independentes que valoran o interese da boa práctica e a súa replicabilidad no territorio.
“Dous países, un destino”, a política transfronteiriza de turismo impulsada polo Eixo Atlántico foi recoñecida como unha boa práctica a nivel europeo, coa recomendación de que se replique noutras fronteiras.
Este recoñecemento chega da man do proxecto EPICAH, que lidera o Eixo e desenvolve xunto con outros 8 socios de 7 fronteiras europeas para a preservación e valorización do patrimonio natural e cultural da fronteira como activo clave para o desenvolvemento económico a través do turismo.
O recoñecemento de Interreg Europe obtense tras a avaliación de expertos independentes que valoran o interese da boa práctica e a súa replicabilidad no territorio. Neste contexto, prácticas como as guías de turismo do Eixo Atlántico, que ofrecen a fronteira como destino único; Expocidades, onde todas as cidades do Eixo se promocionan como destinos de proximidade; ou os seminarios de intercambio de experiencias entre as cidades foron consideradas como interesantes prácticas, innovadoras e facilmente replicables que merece a pena destacar a escala europea.
A partir deste recoñecemento outras entidades poderán contactar co Eixo Atlántico para interesarse polos pormenores da actividade de cara á súa implantación no seu territorio de orixe.
Máis información: https://www.interregeurope.eu/policylearning/good-practices/item/1545/eixo-atlantico-strategy-to-boost-tourism-at-border-between-galicia-es-and-north-portugal/