Skip to main content

Unha delegación de Canadá visita Braga para desenvolver un plan de cooperación urbana

Unha delegación de Canadá visita Braga para desenvolver un plan de cooperación urbana

Braga e o Eixo Atlántico recibiron ao grupo de expertos para comezar un proceso de cooperación entre ambas as cidades e unha rede internacional de referencia en innovación urbana e desenvolvemento urbano sustentable

No contexto do programa Cooperación Rexional Urbana e Internacional (IURC) da Unión Europea, no que participa o Eixo Atlántico, celebrouse en Braga unha reunión do grupo de expertos para comezar un proceso de cooperación entre ambas as cidades e unha rede internacional de referencia en innovación urbana e desenvolvemento urbano sustentable.

Braga e St John's comezaron a dialogar e a asociarse con novos compañeiros globais, aproveitando un grupo máis amplo de boas prácticas e seguindo modelos innovadores para lograr os seus obxectivos. As dúas cidades comezaron a cooperar en setembro de 2021, participando en varias convocatorias técnicas e agora realizando a primeira visita de estudo para traballar nas seguintes áreas temáticas:

  • Mobilidade e transporte urbano sustentable, incluída a mobilidade eléctrica
  • Turismo e cultura, incorporando o desenvolvemento sustentable e local
  • Educación, traballos, habilidades, innovación e tecnoloxía
  • Onda de renovación - eficiencia enerxética en edificios

O pasado xuño, unha delegación de Braga e do Eixo Atlántico visitaron a cidade de St John's iniciando o proceso de cooperación que se vai a estender até decembro de 2023, para desenvolver un Plan de Acción de Cooperación Urbana, que inclúe accións e proxecto pilotos capaces de crear impactos concretos

Durante esta visita a Braga abordáronse cuestións enerxéticas e demográficas, visitaron o proxecto Baterias 2030, un plan nacional que inviste en formas alternativas de xestión de enerxía. Trátase dunha colaboración público-privada na que participan universidades, municipios e empresas para responder dunha forma integrada e estruturada aos desafíos da descarbonización e da integración de enerxías renovables.

Ricardo Rio, Presidente da Cámara Municipal de Braga e Vicepresidente do Eixo Atlántico, asegurou que: “Nos últimos anos, juntamente com o Eixo Atlântico, temos realizado um trabalho de prospecção junto de diversas cidades e organizações internacionais na procura de oportunidades de inovação para os vários domínios da actuação municipal. Através desta cooperação internacional, estamos a trabalhar em conjunto para encontrar soluções comuns e desenvolver estratégias para um desenvolvimento urbano integrado e sustentável”.

A delegación de Canadá visitará tamén Santiago de Compostela. Durante a xornada visitarán os puntos turísticos máis emblemáticos da cidade e presentaranlle o proxecto Bodah.

Esta visita está financiada polo programa IURC da Comisión Europea.