Un extenso artigo da Voz de Galicia asinado por Begoña Íñiguez relata algunhas das prioridades do novo goberno de Portugal en relación con España e máis concretamente con Galicia
Pedro Siza Vieira, ministro adxunto de António Costa e de Economía na anterior lexislatura, reflexiona sobre algunhas das prioridades en materia onde as conexións aéreas e ferroviarias con Galicia, serán os retos do novo Executivo luso. O programa dos socialistas inclúe entre as súas prioridades a inauguración da nova liña Vigo-O Porto.
Mención á parte merece o interese do novo goberno luso pola conexión aérea Lisboa-Galicia, que, despois da polémica suscitada pola súa interrupción o pasado ano, tras ser suspendidos os voos regulares A Coruña-Lisboa e Vigo-Lisboa, operados pola TAP, vaise a restablecer, o próximo ano, coa conexión diaria entre Santiago de Compostela e Lisboa.
Siza Vieira, un dos máis directos colaboradores de António Costa, confesaba á Voz “na Raia, o exemplo de maior dinamismo témolo no Eixo Atlántico, entre Galicia e o norte de Portugal, onde a colaboración transfronteiriza ha dado excelentes resultados e así temos que continuar”, concluía o ministro. Coa portuense Elisa Ferreira en Bruxelas como nova comisaria europea de Cohesión e Reformas, eses proxectos transfronteirizos entre Galicia e o norte de Portugal prevese que se sigan fomentando e materializando como até o momento.
Vexa o artigo completo neste ENLACE