Skip to main content

Santa Maria da Feira presenta a Capital da Cultura do Eixo Atlántico en Radio Vigo e Localia

Santa Maria da Feira presenta a Capital da Cultura do Eixo Atlántico en Radio Vigo e Localia

O alcalde deste municipio luso e o secretario xeral do Eixo Atlántico detallaron algunhas das actividades previstas en 2018

Emídio Sousa, alcalde de Santa Maria da Feira, cualificou a Capital da Cultura do Eixo Atlántico como unha oportunidade para todos os concellos da Eurorrexión para o intercambio de cultura entre os municipios.

O programa mensual sobre a Eurorrexión que se emite a través de Radio Vigo, Localia e Antena Minho contou coa participación Emidio Sousa, alcalde do municipio que neste vindeiro 2018 será sede da Capital da Cultura do Eixo Atlántico,  e do secretario xeral da entidade, Xoán Vázquez Mao.

Vázquez Mao explicou que a Capital da Cultura é unha iniciativa do Eixo Atlántico para promover a cultura da Eurorrexión e, neste sentido, Santa Maria da Feira está a facer da cultura un auténtico motor de desenvolvemento