O Eixo Atlántico é un dos membros fundadores da RIET
Nos últimos 25 anos, a Unión Euorpea investiu en cooperación europea a través de INTERREG, o seu principal insturmento de financiamento para o desenvolvemento rexional entre fronteiras e, aínda que se avanzou moito, aínda persisten difucultades en áreas crave como:
- Emprego
- Acceso á sanidade
- Pensións e fiscalidade
- Recoñecemento de titulacións
- Superación de barreiras culturais e de idioma
- Acceso aos servizos públicos.
Para superalos, o acceso ao financiamento non é a única resposta, é necesario promover un maior espírito de cooperación e cambios na lexislación e os procedementos administrativos que posibiliten que os cambios se fagan realidade para os cidadáns.
Baixo este espírito, até o pasado 21 de decembro, a Comisión Europea puxo en marcha unha consulta pública sobre "os obstáculos para a cooperación transfronteiriza" e unha serie de visitas ás fronteiras da UE para analizar de preto casos de éxito na cooperación e promover a participación na consulta pública.
RIET, ademais de participar na consulta anteriormente mencionada, cuxos resultados se farán públicos no primeiro trimestre de 2016, acolleu a visita que levou a cabo á fronteira España/Portugal e participou no vídeo resumen de todas as boas prácticas identificadas en Europa en materia de cooperación.