Por terra, non haberá ningún tipo de control sanitario a quen entre ou salga de Portugal
Tres meses e medio despois Portugal e España conclúe o peche das fronteiras terrestres, realizada como medida de continxencia para mitigar os efectos da pandemia. A reapertura da fronteira realizouse nunha cerimonia oficial sen discursos, que se dividiu entre Badaxoz e Elvas e que contou con Marcelo Rebelo de Sousa, o rei Felipe VI e os xefes dos Gobernos portugués e español, António Costa e Pedro Sánchez.
As cerimonias iniciáronse no Museo Arqueolóxico de Badaxoz, e terminaron, no Castelo de Elvas, no distrito de Portalegre. En cada un dos lados da fronteira, os xefes de Estado e de Goberno ouviron os dous himnos nacionais, executados pola Orquestra de Estremadura, ao lado español, e pola Banda da Armada, ao lado portugués.
Reencontro de "irmáns e amigos"
Nunha mensaxe compartida antes das cerimonias oficiais, António Costa considerou a reapertura da fronteira un reencontro entre veciños "irmáns e amigos". "Desta fronteira aberta depende a nosa prosperidade compartida e un destino común no proxecto europeo", escribiu o primeiro ministro, que xulga "esencial para ambos os países que os contactos volvan gradualmente a adquirir a dimensión e a dinámica anteriores ao estalido da pandemia". "Penso en especial nas poboacións da “raia” que, cotidianamente, atravesan a fronteira", engadiu, e rexeitou a idea de "un continente de fronteiras pechadas".
En declaracións a Radio Nacional de España, o xefe de Goberno portugués dixo que "a última cousa que podemos pensar é que teñamos que volver de novo ao pecho da fronteira e da actividade económica". "Temos que tentar evitalo e cumprir con moito rigor todas as normas de seguridade e saúde", até conseguir "unha vacina cun tratamento eficaz".