Skip to main content

Proxecto EURE: cal é o futuro da política urbana da UE?

Proxecto EURE: cal é o futuro da política urbana da UE?

Publicada a terceira edición de EUREka!, a newsletter deste proxecto europeo

Diante dos desafíos que aínda se derivan das restricións do COVID-19 e que nos obrigan a adiar ou volver conectar as visitas de estudo e as reunións de proxectos, os socios de EURE orientamos os nosos esforzos cara unha análise máis profunda da situación das políticas urbanas nos nosos territorios e máis alá.  Así, unha pregunta seguía a dar voltar nas nosas cabezas: como debería ser a futura política urbana da UE? A nosa resposta a isto vén de tomar a forma de varios informes, que se poden descubrir neste novo número de EUREka!

Agardamos que EUREka! unha vez máis o inspirará a implementar un novo tipo de desenvolvemento territorial, baseado en políticas urbanas sustentables e eficientes no uso dos recursos, ao mesmo tiempo que o informará sobre os pasos dados polos socios de EURE na mellora dos seus propios instrumentos políticos.

A terceira edición de EUREka!, a newsletter do proxecto, está dispoñible, só en inglés, neste link.

Ademais, se estás interesado en subscribirte e recibila directamente no teu correo electrónico, podes facelo a través deste sinxelo formulario.