Publicada a segunda edición de EUREka! a newsletter deste proxecto europeo
Nos últimos meses as zonas urbanas víronse profundamente afectadas pola pandemia da COVID-19, revelando, aínda máis, o papel que desempeñan as cidades para avanzar cara a unha reformulación dos sistemas tradicionais tanto económicos como sociais. Tanto as cidades como as rexións periféricas están chamadas a adaptarse e reaccionar ás novas circunstancias mantendo unha traxectoria sustentable. A cooperación interregional e as estratexias de eficiencia de recursos poden ser clave para propor un plan de recuperación que teña en conta os aspectosmultidimensionais da pandemia.
Os socios de EURE tiveron que adaptar as actividades planificadas á pandemia da COVID-19, pospondo reunións e eventos. Aproveitaron esta situación para reforzar o traballo cos seus stakeholders locais e en centrarse na preparación dos informes rexionais de situación, que se publicarán en 2021.
Neste escenario, publicouse a segunda edición de EUREka! a newsletter do proxecto. Esta newsletter, só dispoñible en inglés, busca servir de inspiración para implementar un novo tipo de desenvolvemento territorial baseado en políticas urbanas sustentables e eficientes no uso de recursos, á vez que describe e comparte os pasos dos socios de EURE para mellorar os seus propios instrumentos de política urbana.
Podes consultar Eureka! neste link
Ademais, tes a opción de subscribirte aquí e recibir o boletín no correo!