O proceso de adhesión do cartón bancario aos EasyToll simplifícase e ten unha validez de 30 días para os visitantes
Portugal acaba de facilitar o pago das súas autovías de peaxe, para as que xa non será necesario parar previamente en gasolineiras nin oficinas postais. Os condutores que vaian cruzar estas autovías poden acceder a través do Portal de Peaxes de Infraestruturas de Portugal, portugaltolls.com, e unirse de forma online ao sistema Easytoll, que permite aos condutores de vehículos con matrícula estranxeira circular polas autovías portuguesas utilizando os sistemas de cobro de peaxes exclusivamente electrónicas.
Con este novo servizo dispoñible tamén a través de dispositivos móbiles, o proceso de adhesión do cartón bancario aos EasyToll simplifícase e facilita de forma «online» a todos os visitantes por vía terrestre a Portugal tendo unha validez de 30 días.
As autoestradas de peaxe convencional do país, é dicir, con casetas de peaxe á entrada para recoller o ticket e á saída para abonar o custo correspondente ao traxecto realizado, seguen mantendo as súas formas habituais de cobro: carril Vía Verde ou «Telepeaxe», cabinas automáticas e manuais.