Skip to main content

Política de Cohesión post 2020: C4C adopta unha posición

Política de Cohesión post 2020: C4C adopta unha posición

A plataforma europea de cidades envía a Bruselas a súa posición sobre os Regulamentos de Política de Cohesión post 2020.

C4C, Cities for Cooperation, a plataforma europea de cidades na que participa o Eixo Atlántico enviou hoxe a Bruxelas a súa posición respecto da proposta da Comisión para os Regulamentos de Política de Cohesión post 2020.

A principal mensaxe que quere transmitir C4C é  necesidade de adoptar unha estratexia de cooperación territorial que sirva de paraugas a todas as actuacións nos diferentes programas, incrementar os fondos previstos para a cooperación territorial e aumentar o protagonismo das cidades e áreas metropolitanas en todo o proceso de definición das prioridades de actuación.

C4C, Cities for Cooperation é unha plataforma constituída por RIET - Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas; EIXO ATLANTICO, MEDCITIES-  Rede de Cidades do Mediterráneo, CCAA- Conferencia de Cidades do Arco Atlántico e FAIC- Foro das Cidades do Adriático e o Jónico.

Todas as publicacións de C4C poden consultarse en: https://www.eixoatlantico.com/gl/servizo-publico/biblioteca

 

pdfDOCUMENTO PT

pdfDOCUMENTO ENG