Skip to main content

Paquete sobre a economía circular

Paquete sobre a economía circular

A Comisión Europea adoptou un paquete de medidas orientadas a promover un maior reciclado

O 2 de decembro de 2015 adoptouse un paquete de medidas orientadas a promover un maior reciclado e reutilización de materias primas, produtos e refugallos co fin de estimular a transición de Europa cara a unha economía circular que impulse a competitividade mundial, fomente o crecemento económico sostible e que cree novos postos de traballo.

“Pechar  o círculo” , este é o título da Comunicación lanzada pola Comisión Europea sobre a economía circular. Este paquete recolle unha serie de medidas dirixidas a pechar o círculo dos ciclos de vida dos produtos a través dun maior reciclado e reutilización, que aporte beneficios tanto ao medio ambiente como á economía. As medidas están orientadas a extraer o máximo valor e uso de todas as materias primas, produtos e refugallos, fomentando o aforro enerxético e reducindo as emisións de gases de efecto invernadoiro. Esta transición contará co respaldo financeiro dos Fondos Estruturais e de Investimento Europeos, de 650 millóns de euros procedentes de Horizonte 2020, de 5.500 millóns de euros procedentes dos Fondos Estruturais para a xestión de refugallos e de investimentos na economía circular a nivel nacional.
Este paquete de medidas establece propostas de acción concretas aos municipios, para os que establece un obxectivo de reciclado do 65% dos refugallos municipais ata 2030.

 

Para máis información, consulte o resume elaborado polo Eixo Atlántico