Skip to main content

Ourense impulsa un proxecto internacional inspirado no sector termal

Ourense impulsa un proxecto internacional inspirado no sector termal

A Deputación de Ourense e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil impulsan proposta internacional de protección dos espazos fluviais

A Deputación Provincial de Ourense e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) impulsan unha proposta internacional de protección dos espazos fluviais estreitamente ligados coa actividade termal, para o que se estima un investimento de 2,5 millóns de euros.

 

Este proxecto, sinalaron ambos os organismos, abarcará os concellos ourensáns e lusos polos que pasan os ríos Miño e Limia e, segundo informou o responsable do ente provincial, Manuel Baltar, trátase dunha iniciativa de cooperación transfronteiriza que busca a protección do patrimonio natural.

 

Esta ambiciosa iniciativa pretende contribuír a pór en valor a riqueza termal e natural deste contorno co obxectivo de incrementar o turismo internacional de calidade nos ámbitos de lecer, saúde e patrimonio natural.