As autarquías portuguesas poderán recorrer ao Fondo Social Municipal (FSM) para financiaren gastos de equipamentos, bens e servizos de combate contra a pandemia de Covid-19 e terán unha moratoria de seis meses das prestacións que tiñan que pagar en 2020. A medida de apoio aos municipios que foi aprobada no Consello de Ministros da semana pasada xa está na Asemblea da República para ser discutida e votada no plenario desta semana.
De acordo coa proposta de lei do Goberno, son elixibles para recurso ao FSM os gastos entre 12 de marzo e 30 de xuño. O Fondo Social Municipal é uhha subvención específica referente ás atribucións e competencias trasladadas da administración central para os municipios.
A pesar das autarquías pasaren a dispor dun instrumento financeiro máis de xeito inmediato para o combate á pandemia, o fondo terá que ser reforzado mais tarde, cando o Orzamento do Estado sexa rectificado, de forma a que as outras competencias dos municipios non queden subfinanciadas.
Ese reforzo tórnase aínda máis importante cando o Goberno tamén dá aos municipios unha moratoria de seis meses (máis tempo) para que estes paguen as prestacións do capital e cando posibilita que os gobernos autónomos con préstamos de asistencia financeira teñan unha moratoria dun ano na amortización do capital que tiñan que pagar até ao fin deste ano