Estracto do artigo escrito por Carlos do Rei (edición de Catalina Guerreiro) para Euro EFE
A estratexia turística para Galicia e o norte de Portugal impulsada polo Eixo Atlántico, unha idea que explora o concepto do "Turismo de Fronteira", é obxecto de estudo no seo da Comisión Europea (CE), que observa nela un potencial que podería exportarse a outras fronteiras europeas.
A estratexia do Eixo Atlántico, bautizada no seu momento como "Dous países, un destino", inclúe a creación e distribución de guías turísticas -actualizadas cada dous anos- en español, portugués e inglés, así como a produción dunha versión electrónica das mesmas en galego.
Neste sentido, o secretario xeral relata que esta experiencia piloto do Eixo xorde da análise dun conxunto de fronteiras en toda Europa, lugares "onde se produciron case todas as páxinas da historia", cunha excepción: "na UE as fronteiras xa non son unha barreira, pero á xente séguelle atraendo saltar de país en país".
O Eixo Atlántico prepara para novembro un encontro con eurodeputados de países con rexións fronteirizas, aos que trasladará as súas demandas de mellora: o impulso do turismo de fronteira, a eliminación dos obstáculos que aínda existen nas fronteiras -por exemplo, o aluguer de vehículos- ou a creación dunha Comisaría de Turismo e Patrimonio.
Puede leer a reportaxe, publicada en agosto do 2019, na súa totalidade no seguinte ENLACE