Skip to main content

O proxecto EURE reuniu os seus stakeholders en Madrid

O proxecto EURE reuniu os seus stakeholders en Madrid

O 11 de marzo, en Madrid, o Eixo Atlántico mantivo unha reunión de stakeholders do proxecto EURE e coa Autoridade de Xestión das EDUSI

A reunión tiña o obxectivo de pór en coñecemento dos stakeholders e a autoridade de xestión os avances do proxecto durante os últimos meses de implementación do proxecto, durante os que se desenvolveron dúas visitas de estudo, unha en Brest (Francia) e outra en Empoli (Italia).

Durante a reunión, o Eixo Atlántico compartiu cos participantes as boas prácticas visitadas e a análise das mesmas e a súa utilidade para mellorar o instrumento de financiamento do desenvolvemento urbano (EDUSI). Así mesmo, o Eixo compartiu cos seus stakeholders a estrutura e metodoloxía  de traballo acordada para desenvolver o informe de situación do instrumento español e a súa aplicación, recollendo os inputs dos asistentes e comprometendo a súa implicación na elaboración do informe.

Finalmente, o Eixo Atlántico aproveitou a ocasión para informar achega  da próxima visita de estudo que se desenvolverá en Riga os días 5 e 6 de maio, solicitando dos socios locais as súas opinións e posicións para ser integradas na axenda da reunión.