O eurodeputado do PSD José Manuel Fernandes e o portavoz da Comisión Europea en España Lucas González Ojeda foron o invitado do mes de xuño
O eurodeputado do PSD e correlator do Plan Junker, José Manuel Fernandes e Lucas González Ojeda, portavoz da representación en España da Comisión Europea foron os invitados no programa de xuño sobre a Eurorrexión que se emite a través de Radio Vigo e Localia Vigo, así como Antena Minho, para a área de Braga.
Durante o programa, presentado por Jacobo Buceta, abordáronse asuntos como a recente proposta de repartición dos fondos conforme á Política de Cohesión Europea, sobre o que Fernandes lamentou o descenso dun 7% para Portugal.
A recente proposta de Bruxelas para incluír a Galicia no Corredor Atlántico, a composición do Parlamento Europeo post brexit, os resultados do Plan Junker ou o propio labor da Unión Europea como institución foron tamén asuntos comentados por Fernandes e González Ojeda durante este programa de radio e televisión.