Skip to main content

O Primeiro Ministro de Portugal realiza a viaxe inaugural trala electrificación da líña do Minho entre Nine e Viana do Castelo

O Primeiro Ministro de Portugal realiza a viaxe inaugural trala electrificación da líña do Minho entre Nine e Viana do Castelo

Concluídas electrificacións significativas nas liñas do Douro e de Minho

O Goberno anunciou a conclusión de dous proxectos de electrificación nas liñas ferroviarias do Douro e de Minho, nun investimento acumulado de 27 millóns de euros que vai permitir aumentar a mobilidade, a seguridade e a comodidade, diminuír os tempos de viaxe e contribuír para a neutralidade carbónica.
A electrificación do tramo entre Nine (Braga) e Viana do Castelo na Liña do Minho representou un investimento de 16,5 millóns de euros ao longo de 44 quilómetros de vía, mentres a electrificación do tramo entre Caíde de Rei e Marco de Canaveses na Liña do Douro significou un investimento de 10,5 millóns de euros ao longo de 14,2 quilómetros de vía.
No caso da Liña do Minho, pasará a contar con dous trens tipo “Intercidades” entre Lisboa e Viana do Castelo, beneficiando a mobilidade das poboacións de Viana do Castelo, Barroselas e Barcelos, que pasan a dispor de conexión ferroviaria directa para Lisboa.
A conclusión da obra garante a redución do tempo de traxecto, o aumento da competitividade do transporte ferroviario de mercadorías, o aumento da capacidade dos trens (frecuencia e servizo), o aumento dos niveis de seguridade e de fiabilidade, o aumento do nivel de seguridade ferroviaria e por estrada, como resultado da supresión e automatización de pasos a nivel e a melloría das conexións internacionais do corredor norte-sur (Porto-Vigo).
A modernización da Liña do Minho avanza para a conclusión da electrificación entre Viana do Castelo e Valença do Minho.
No caso da Liña do Douro, a electrificación do tramo garante a circulación de trens urbanos directos entre Porto e Marco de Canaveses, contribuíndo para a diminución dos accidentes, a redución nos tempos de viaxe, a economía de custos de recursos asociados aos modos alternativos e a redución de custos para os operadores ferroviarios.
A electrificación vai permitir tamén a utilización de material circulante eléctrico para pasaxeiros e mercadorías até a Peso da Régua e a implementación de novos servizos de pasaxeiros entre Porto-Marco de Canaveses-Peso da Régua, reforzando a calidade da viaxe e reducíndose o seu tempo total.
As intervencións de modernización da Liña do Douro teñen o obxectivo de garantir un nivel de servizo superior, con mellores niveis de seguridade, eficiencia e competitividade do sistema ferroviario e están a ser aplicadas a unha extensión total de 58 quilómetros entre Caíde e Peso da Régua.
O Primeiro ministro António Costa e o ministro das Infraestruturas, Pedro Nuno Santos, estiveron presentes nas cerimonias de conclusión dos dous procesos de electrificación, facendo unha viaxe inaugural en ambas.
Os traballos realizados polas Infraestruturas de Portugal tamén foron presentados durante as cerimonias. Na Liña do Douro, a electrificación vai contribuír a unha redución das emisións de dióxido de carbono en 420 millóns de toneladas até 2046, axudando a Portugal a alcanzar a meta de neutralidade carbónica até 2050. Na Liña do Minho, a redución das emisións será de 300 millóns de toneladas no mesmo período.