O novo presidente e o secretario xeral do Eixo Atlántico participaron no Hoy por hoy en Radio Vigo e Localia Televigo
O novo presidente do Eixo Atlántico, Alfredo García, destacou como un dos grandes obxectivos da entidade “dar a batalla das infraestruturas máis alá do AVE”. García, que é alcalde do Concello do Barco de Valdeorrras, detallou a necesidade de infraestruturas terrestres como é o caso da A-76 (que comunicaría Ponferrada co Barco e Ourense), ou o remate da autoestrada Lugo-Santiago, que pecharía a rede de comunicacións entre as grandes cidades galegas.
Nesta liña, o tamén presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, subliñou a importancia da liña férrea. “Non podemos perder o tren da modernidade no que compete a mercadorías; iso é fundamental, porque é a clave do desenvolvemento económico do país”, indicou.
Tamén no ámbito do ferrocarril, tanto Alfredo García como Vázquez Mao incidiron na importancia da mellora da conexión entre A Coruña e Ferrol para conectar así con Porto e Lisboa, una conexión para a que se fai imprescindible a saída sur de Vigo; así como a liña Monforte-Palencia, unha actuación que precisamente foi cualificada como financiable desde Bruxelas durante unha recente visita do Eixo Atlántico á Comisión Europea.
Alfredo García e Xoán Vázquez Mao repasaron os principais asuntos de interese para a Eurorrexión deste ano e os retos de 2018 no Hoy por Hoy, presentado por Jacobo Buceta, que se emite en Radio Vigo e Localia Televigo, así como en Antena Minho.