Skip to main content

O presidente do Eixo Atlántico reúnese o xoves en Bruxelas co coordinador europeo dos corredores ferroviarios

O presidente do Eixo Atlántico reúnese o xoves en Bruxelas co coordinador europeo dos corredores ferroviarios

Alfredo García e Xoán Vázquez Mao reuniranse en Bruxelas con Carlo Secchi, coordinador da Rede Transeuropea de Transportes

O xoves 24 de maio ás 10.30 h o presidente do Eixo Atlántico, Alfredo García, e o secretario xeral, Xoán Vázquez Mao, reuniranse en Bruxelas con Carlo Secchi, coordinador da Rede Transeuropea de Transportes, que depende da comisaria europea de transportes, Violeta Bulc.

Esta visita, que está pechada desde hai un mes, e da que se informou ao presidente da Xunta na reunión do pasado día 7 de maio, ten por obxecto transmitirlle á Comisión Europea a importancia da inclusión da liña Vigo- Ourense-Monforte-O Barco de Valdeorrras-Palencia tanto para a competitividade dos portos galegos como para reforzar o corredor xa aprobado de Aveiro-Palencia-fronteira francesa, que dá vida tamén aos portos do norte de Portugal e que debe ser o gran dinamizador da economía tamén no eixo interior Lugo-Ourense-Tras Os Montes (Portugal).