Skip to main content

O Pacto Verde será a pedra angular sobre a que se construirá a acción da nova Comisión Europea

O Pacto Verde será a pedra angular sobre a que se construirá a acción da nova Comisión Europea

O Pacto propón unha serie de iniciativas  -lexislativas e non lexislativas- a desenvolver durante os próximos anos, algunhas das cales, como a Lei polo Clima, xa comezaron o seu desenvolvemento

O Pacto Verde Europeo é unha das seis prioridades da nova Comisión Europea presidida por Ursula Von der Leyen. Presentouse o pasado 11 de decembro e, probablemente, é a prioridade máis ambiciosa, tanto pola súa envergadura como polo seu alcance, xa que implica a numerosas políticas comunitarias.

As áreas de traballo sobre as que se centrará este Pacto Verde son: ambición climática; enerxía limpa, alcanzable e segura; industria sustentable para unha economía limpa e circular; mobilidade sustentable e intelixente, biodiversidade, e contaminación cero para unha contorna sen sustancias tóxicas. Para cada unha destas áreas, o Pacto propón unha serie de iniciativas  -lexislativas e non lexislativas- a desenvolver durante os próximos anos, algunhas das cales, como a Lei polo Clima, xa comezaron o seu desenvolvemento.

En última instancia, o Pacto Verde Europeo busca situar á Unión Europea como o novo líder mundial fronte aos retos do cambio climático e a degradación do medio ambiente. Trátase dunha nova estratexia de crecemento a través dunha transición cara a unha sociedade máis respectuosa co medio ambiente, co obxectivo de mellorar a calidade de vida das próximas xeracións.

 

 Máis información (español)

Mais informação (em português)