Skip to main content

O futuro da política urbana da Unión Europea se debate en Porto

O futuro da política urbana da Unión Europea se debate en Porto

 O Eixo Atlántico participou no foro CITIES 2020 sobre o futuro da política urbana da Unión Europea, celebrado os pasados 30 e 31 de xaneiro no Porto

Organizando pola Comisión Europea, o foro CITIES2020 reuniu, en Porto, a destacados relatores relacionados coa política urbana tales como a Comisaria Europea de Cohesión e Reformas, Elisa Ferreira, a Ministra de Cohesión territorial de Portugal, Ana Abrunhosa, o Secretario de Estado do Planeamento, Jose Mendes, representantes das Presidencias Croata e Alemá do Consello e un destacado elenco de alcaldes e representantes das cidades de Europa.
No evento, a 800 participantes de todos os Estados Membro, segundo a organización, centrouse no debate sobre as propostas que se deben levar a cabo para conseguir que as zonas urbanas sexan máis sustentables, buscando mellorar o medio ambiente, a sustentabilidade económica, intelixencia artificial, ou o medio ambiente, como algunha das principais prioridades.
Así mesmo, a Comisaria europea destacou que tan importante como o financiamento é a metodoloxía de traballo. Neste contexto, sinalou que as cidades son provedoras de servizos de zonas máis amplas e, por iso, é necesario traballar sobre o concepto das áreas funcionais. En relación aos novos programas e a propia Axenda Urbana da UE, Elisa Ferreira anunciou que o acento da acción da Comisión estará na simplificación da xestión e reducir a burocracia que representen.
Respecto das prioridades de actuación, todos os discursos coinciden: mobilidade urbana, eficiencia enerxética, cambio climático, fenda dixital e desigualdades sociais.
Finalmente, merece a pena destacar a intervención do alcalde de Braga, Ricardo Rio, quen transmitiu tres importantes mensaxes á Comisión.
- Non se trata de preguntarse que pode facer Europa polas cidades senón que poden facer as cidades pola Unión Europea.
- A Comisión Europea non debe esquecer que a Unión Europea é máis que capitais e grandes cidades. A maior parte das áreas urbanas europeas son cidades medianas e pequenas. Non hai que perder a perspectiva.
- É preciso asegurar a coherencia entre os obxectivos pretendidos e a maneira en que se implementan as medidas destinadas para alcanzalos.
Ricardo Rio terminou a súa intervención lembrando o papel esencial que para as cidades xoga o asociacionismo. Neste sentido, destacou o rol do Eixo Atlántico, que desenvolveu a primeira Axenda Urbana transfronteiriza de Europa.