Skip to main content

O Eixo Atlántico recompila 42 reflexións sobre o futuro da UE no libro “A Europa que sobrevivirá ao brexit”

O Eixo Atlántico recompila 42 reflexións sobre o futuro da UE no libro “A Europa que sobrevivirá ao brexit”

Repártese hoxe, domingo, coa prensa galega e o mércores coa portuguesa

O Eixo Atlántico distribúe hoxe domingo a través da prensa escrita e en formato dixital descargable o libro “A Europa que sobrevivirá ao brexit”, que recompila as achegas de 42 autores sobre o futuro da Unión Europea.

No ano en que o proxecto europeo celebra o seu 60 aniversario, o Eixo Atlántico quere pechar os actos conmemorativos dos seus 25 anos de historia coa edición conxunta dos artigos de opinión sobre o futuro da Unión Europea que foron publicadas ao longo deste 2017 na web da entidade de cooperación transfronteiriza.

O libro inclúe textos en galego, portugués e castelán correspondentes con autores e autoras dos dous lados do Miño. Cada artigo vai acompañado dunha caricatura realizada polo ilustrador luso Adão Silva.

Esta publicación será distribuída de xeito gratuíto en papel cos periódicos El Progreso, Diario de Pontevedra, El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Bergantiños e o Diario de Arousa este domingo 17 e co Correio do Minho o mércores, 20 de decembro. Ademais, tamén estará dispoñible para a súa descarga a través dos xornais dixitais praza.gal e galiciaconfidencial.com, así como na propia páxina web do Eixo Atlántico, www.eixoatlantico.com