A formación ten por obxectivo facilitar a todos os socios e xefes de fila acceso á información en todo momento
O día 13 de Febreiro o Eixo Atlántico participou nun seminario web organizado por Interreg Europe no que lembraron as mensaxes enviadas o pasado mes de Xaneiro en Budapest. A través de vídeo tutoriales, explicaron dunha maneira máis práctica os pasos que deben seguir os socios beneficiarios do proxecto á hora de realizar os informes financeiros que se deben subir á plataforma iOLF e que serán revisados polo Secretariado.
Durante a hora de duración do seminario ensinaron paso a paso como se debe ir cubrindo o formulario. Desde como modificar os contactos dos socios, o instrumento de política, o informe de progreso, e todo o que engloba.
Todos estes materiais que utilizaron no seminario están dispoñibles na web do programa para que todos os socios e xefes de fila poidan ter acceso á información en todo momento. Tamén se publicará a sesión impartida a próxima semana para que os beneficiarios poidan acudir a ela en todo momento.