O Eixo Atlántico participa en dúas visitas de estudo dentro do marco do proxecto EPICAH

Durante 2022, o proxecto EPICAH tivo a oportunidade de gozar dunha ampliación do proxecto na que os seus socios analizaron as consecuencias do COVID19 nas fronteiras do proxecto e, máis concretamente, nos seus instrumentos de cooperación transfronteiriza
Ademais do traballo teórico e do intercambio de ideas e experiencias, durante esta ampliación os socios tiveron a oportunidade de realizar visitas de estudo bilaterais nas que examinar boas prácticas previamente identificadas, coa intención de replicalas nos seus lugares de orixe. Neste marco, o Eixo Atlántico acolleu a visita de tres socios, moi interesados na súa estratexia de promoción da fronteira como “Dous países, un destino”. Pola súa banda, o Eixo Atlántico organizou unha visita de estudo ao territorio de Tokaj (HU), na que tamén participaron diversos axentes locais relacionados co enoturismo. A visita, que foi un éxito moi valorado polos seus participantes, permitiulles descubrir novas formas de aproveitar os recursos enolóxicos como atractivo turístico, máis aló do propio viño pero estendendo a súa influencia a todo o territorio e aos negocios turísticos (tendas, hoteis, rutas... ) colindantes.
Para o Eixo Atlántico, a participación no programa EPICAH produciu unha serie de valores engadidos non previstos inicialmente, pero de gran valor estratéxico. En primeiro lugar, permitiu xerar de forma espontánea unha rede de coñecemento e intercambio de experiencias a partir de vínculos de comprensión persoal que se foron construíndo durante o desenvolvemento do programa.
En segundo lugar, permitiu o intercambio de experiencias de interese para cada territorio e xera unha visión global, así como transversal, tanto das estratexias de desenvolvemento turístico, como dos elementos que nelas se integran: enoloxía, patrimonio, turismo relixioso, etc. .
Por último, permitiu a identificación e o desenvolvemento conceptual e operativo de conceptos innovadores: turismo de fronteira e turismo de firma.