Skip to main content

O Consello de Ministros aproba o decreto para a prórroga do estado de emerxencia en Portugal

O Consello de Ministros aproba o decreto para a prórroga do estado de emerxencia en Portugal

O Goberno aprobou  o decreto que visa establecer os termos das medidas excepcionais e temporais  como a limitación, no período comprendido entre as 00h00 do día 9 de abril e as 24h00 do día 13 de abril, da circulación fóra do municipio de residencia habitual dos cidadáns.

O Consello de Ministros aprobou onte o decreto que regulamenta a prórroga do estado de emerxencia decretado polo Presidente da República, así como un novo conxunto de medidas extraordinarias de resposta á situación epidemiolóxica do novo Coronavirus COVID-19:

  • O Consello de Ministros aprobou un decreto que visa establecer os termos das medidas excepcionais e temporais a implementar durante a vixencia do estado de emerxencia, entre as cales:
    a limitación, no período comprendido entre as 00h00 do día 9 de abril e as 24h00 do día 13 de abril, da circulación fóra do municipio de residencia habitual dos cidadáns, salvo por motivos de saúde ou por outros motivos de urxencia imperiosos;
  • Prohibición de reunións de máis que cinco persoas, excepto persoas con lazos familiares; 
  • O mantemento do exercicio da actividade das empresas funerarias e a  realización de servizos fúnebres dos mortos diagnosticados con COVID-19; 
  • O reforzo dos medios e poderes da Autoridade para as Condicións do Traballo (ACT)
  • (...)

Comunicado íntegro do Consello de Ministros de 2 de abril de 2020