Trátase dunha acción do proxecto europeo “Destino Fronteira” que lidera o Eixo Atlántico xunto a outras entidades trasfronteirizas hispano-lusas
A fronteira entre España e Portugal é a máis longa de Europa e unha da que máis patrimonio natural e cultural ten que ofrecer. 1.200 quilómetros de parques naturais, ríos, augas termais, patrimonio histórico e etnográfico ao alcance dos seus visitantes.
Coa lema “non cruces a fronteira, percórrea!” o proxecto Destino Fronteira, financiado por Interreg V A POCTEP, leva dous anos traballando para pór en valor os recursos da fronteira, promovendo a súa conservación e promoción, de modo que resulte máis atractiva aos turistas potenciais e aos propios habitantes da zona.
Neste contexto, promoveuse o cómic DESTINO FRONTEIRA, unha publicación que, dunha maneira diferente quere dar a coñecer os principais atractivos que esta fronteira ten que ofrecer.
Elaborado por catro debuxantes de recoñecido das diferentes zonas da fronteira, o traballo representa unha guía visual dos principais atractivos dos que poden gozar os turistas e habitantes da zona e sumarse á lema, antes citado, “non cruces a fronteira, percórrea!”
O cómic, dispoñible en castelán e portugués, pode descargarse a través da web do Eixo Atlántico neste ENLACE ou na web dp proxecto Destino Fronteira www.destinofrontera.com