Skip to main content

Nova convocatoria do programa LIFE

Nova convocatoria do programa LIFE

O 19 de maio de 2016 publicouse a convocatoria do Programa LIFE 2016 na páxina web do programa da Comisión Europea

O orzamento total para esta convocatoria é de 337.536.184 €. Desta cantidade, 273.936.184 € foron asignados ao Subprograma de Medio Ambiente e 63.600.000 €  ao Subprograma de Acción polo Clima. Polo menos o 55% da asignación para medio ambiente dedicarase a proxectos que contribúan á conservación da natureza e a biodiversidade.


Todos os detalles das novas características da convocatoria LIFE 2016 están incluídos nas guías de solicitude. Para a presentación das súas propostas, os solicitantes deben utilizar os paquetes de solicitude LIFE 2016 (unicamente dispoñibles en inglés). Cada un destes paquetes contén explicacións detalladas sobre a elexibilidade, os procedementos, as taxas de co-financiamento e todos aqueles detalles relevantes. Ademais existe unha guía de orientación que ten por finalidade facilitar orientación acerca de que subprograma de LIFE é o máis adecuado a cada tipo de proposta.


A Axencia Executiva para Pemes (EASME) está a organizar, o 17 de xuño, unha Xornada Informativa internacional en Bruxelas para todos aqueles axentes implicados e partes interesadas, que ademais poderá seguirse en streaming. Nela explicarase todo o necesario para saber como preparar e enviar unha proposta LIFE exitosa.


Pola súa banda, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, antena do LIFE en España, organiza o próximo 31 de maio unha xornada informativa en Madrid co propósito de informar o programa e o contido da convocatoria 2016, resaltando as súas principais novidades.  

 

A axenda da xornada pode consultarse en: LINK


Para participar na devandita xornada é necesario cumprimentar e remitir o formulario de inscrición dispoñible en LINK

 

Outras Xornadas Informativas 2016
•    17 de xuño de 2016. Bruxelas. Máis información.
•    17 de xuño de 2016. Badaxoz.
•    20 ou 22 de xuño de 2016. Palma de Mallorca (pendente de confirmación).
•    23 de xuño de 2016. Murcia.
•    29 de xuño de 2016. Santander.
•   14 de xullo de 2016. Valencia.
•    Xornadas informativas noutros Estados membros da UE. Máis información.

 

Máis información:
http://ec.europa.eu/environment/life/funding/life2016/index.htm