Skip to main content

Martín F. Prado, Paulo Ramalho e Luís Domínguez explican a posta en marcha da Axenda Urbana do Eixo no programa mensual de Radio Vigo e Localia

Martín F. Prado, Paulo Ramalho e Luís Domínguez explican a posta en marcha da Axenda Urbana do Eixo no programa mensual de Radio Vigo e Localia

O xoves 15 de marzo desenvolverase na Coruña o Foro de Lanzamento do Plan de Acción do documento

Pasar da teoría aos feitos, ese é un dos obxectivos que se pretende co Plan de Acción da Axenda Urbana do Eixo Atlántico, que se configura como un auténtico catálogo de boas prácticas para as cidades. 

A Axenda Urbana do Eixo Atlántico protagonizou o programa mensual sobre a actualidade da Eurorrexión que se emite todos os meses en Radio Vigo, Localia Televigo e Antena Minho.

Os coordenadores do documento, Martín Fernández Prado e Luís Domínguez detallaron as claves deste documento, a primeira axenda urbana da Unión Europea, que busca ser un instrumento práctico para os cidadáns. 

Neste contexto, o vereador de Asuntos Económicos da Maia, Paulo Ramalho, tamén achegou as claves da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable das Nacións Unidas, que ten como obxectivo principal elevar o desenvolvemento do planeta e mellorar a calidade de vida das persoas, no contexto de protección do medio ambiente.

Foro 15 de marzo

O vindeiro 15 de marzo terá lugar na sede de Afundación da Coruña a presentación do Plan de Acción para o lanzamento da Axenda Urbana das cidades do Eixo Atlántico.

Trátase da posta en marcha efectiva da primeira axenda urbana transfronteiriza de Europa, que xa foi entregada na Comisión Europea, e que agora inicia o seu despegue coa presentación do plan de acción ante as cidades integradas no Eixo e a cidadanía.

Máis información e programa do foro