Skip to main content

Lisboa e Viana do Castelo conectadas por tren "Intercidades" a partires de xullo

Lisboa e Viana do Castelo conectadas por tren "Intercidades" a partires de xullo

Actualmente a viaxe entre Lisboa e Viana, con parada en Campanhã, pode tardar 4 horas e 52 minutos

Segundo publica hoxe o diario Ó Público, a partir de mediados de Xullo, cando sexa inaugurada a primeira fase da electrificación da Liña de Minho, Comboios de Portugal (CP) vai inaugurar unha conexión directa no servizo Intercidades entre Lisboa e Viana do Castelo.
Segundo fontes oficiais da empresa, esta conexión realizarase coa extensión de trens Intercidades, xa existentes que fan o percorrido Lisboa-Porto, pero que chegarán a Viana en vez de rematar en Campanhã (Porto).
No tramo Nine-Viana, estes trens van efectuar parada nas localidades de Trofa, Famalicão, Nine, Barcelos e Barroselas.
Con todo, só haberá un tren directo en cada sentido, estando a oferta programada para saír de Viana de mañá e chegar a Lisboa ao mediodía. O regreso do Intercidades sairá de Santa Apolónia ás 17h30 e chegará a Porto ás 20h46, continuando até Viana.
O aforro de tempo é pouco significativo: só sete minutos en comparación coa situación actual. Hoxe os tempos de viaxe oscilan entre as 4 horas e 32 minutos e as 4 horas e 52 minutos.
A CP destaca aínda a melloría da eficiencia enerxética pois a pasaxe de trens a diésel para tranvías permite unha redución do 70% no consumo de enerxía.
Actualmente, e coa excepción dun pequeno tramo até Nine, onde circulan trens eléctricos, o servizo na Liña de Minho realízase con máquinas diésel (alugadas a Renfe) que circulan entre o Porto e Valença. Trátase de material envellecido, suxeito as avarías e que provoca un elevado índice de inmobilizacións nos talleres.

Catenaria até Valença
A electrificación até Viana é só a primeira fase dun proxecto global que custa máis de 80 millóns de euros e que pretende levar a catenaria (cable de alta tensión que fornece enerxía eléctrica aos trens) até Valença, na fronteira con Galicia.

La electrificación hasta Viana es solo la primera fase de un proyecto global que cuesta más de 80 millones de euros y que pretende llevar la catenaria (cable de alta tensión que suministra energía eléctrica a los trenes) hasta Valença, en la frontera con Galicia.