A Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas, RIET, reúne a dirixentes políticos, económicos e académicos da fronteira hispano portuguesa, o próximo 23 de xaneiro
A Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas, RIET, abordará na súa Asemblea Xeral extraordinaria, o próximo 23 de xaneiro, en Cáceres, para analizar e debater a grave situación do transporte ferroviario en toda a fachada ibérica Atlántica, desde Huelva a Galicia, en contraposición coa situación da fachada mediterránea.
Tamén se analizará a situación de crise demográfica estreitamente relacionada co citado anteriormente.
O acto de apertura da mesma, que se celebra no Complexo Cultural San Francisco (Rolda de San Francisco, 15, Cáceres), contará coa presenza do Secretario de Estado de Política Territorial, Ignacio Sánchez Amor, a alcaldesa de Cáceres, Elena Nevado, o Presidente da RIET, José Maria Costa, o Presidente da Asemblea Xeral, José Couto e do Secretario Xeral da entidade, Xoán V. Mao, ademais dos representantes das entidades trasfronterizas que o forman.
A Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas de Cooperación (RIET) é un proxecto nado en 2009, constituído en Cáceres, por organizacións municipais, empresariais e educativas da fronteira de España e Portugal. A RIET foi creada co obxectivo de promover a cooperación transfronteiriza, o desenvolvemento socio-económico nos territorios fronteirizos e de establecerse como unha soa comunidade de interese ante os gobernos de España, Portugal e Unión Europea.