
Os días 29 e 30 de maio celébranse en Pontevedra as II Xornadas Hispano-Lusas De Contratación Pública
En febreiro de 2014 aprobouse o que se coñece como cuarto paquete de Directivas europeas no sector da contratación pública, integrado por tres Directivas. Estas Directivas, que inclúen relevantes novidades, han de estar traspostas ao ordenamento xurídico dos Estados Membros da UE como tarde en abril de 2016.
Nas II Xornadas Hispano-Lusas De Contratación Pública, que se celebrarán en Pontevedra, analizaranse algunhas das principais novidades que se inclúen nas Directivas de 2014. En particular:
• A contratación electrónica como ferramenta dá Contratación Pública Estratéxica
• Integridade e competencia na contratación pública
• Eficiencia da contratación pública: a compra pública agregada. Especial referencia ao ámbito local
• Contratos públicos entre entidades do sector público
• Utilización estratéxica da contratación pública: a inclusión de criterios ambientais e sociais; a compra pública para a innovación e o desenvolvemento de Smart Cities
• Trasposición aos Dereitos español e portugués da cuarta
Así pois, asistimos a unha nova ordenación do marco da contratación pública (sector relevante nas economías de todos os países da UE, representando unha media do 18.5% do seu PIB), o que fai oportuno desde o punto de vista formativo da comunidade universitaria, dos profesionais do sector -público e privado- e da cidadanía en xeral, dar a coñecer os novos aspectos que se pon de manifesto neste cambio lexislativo no que nos atopamos, así como centrar o debate dos acertos e controversias que este cambio normativo introducirá.
Ademais contarase coa presenza de boa parte dos máis destacados investigadores nesta materia de España e Portugal. Polo que a España refírese, contarase coa asistencia dun dos 8 membros que integrou o Comité de Expertos nomeado polo Goberno Español para preparar o Anteproxecto de Lei de trasposición das Directivas de Contratos.
Á cerimonia inaugural asistirá o Presidente da Deputación de Pontevedra, os reitores das universidades de Vigo e Minho e o Secretario Xeral Eixo Atlántico
Ao longo das dúas xornadas intervirán representantes das universidades Católica do Porto, do Minho, Coimbra, A Coruña, Lisboa, Castela León, Santiago e Zaragoza, así como expertos da plataforma portuguesa VORTAL, o Coordinador Xeral da Rede Iberoamericana de Contratación Pública (REDICOP), representantes do Consello Galego dá Competencia, do Centro de Estudos de Direito dá União Europeia, e do Gabinete de asesoramento e apoio á actualización normativa da Consellería de Presidencia da Xunta.
Descargue el programa de las jornadas, a continuación