Expertos de todos os ámbitos garanten que o Plan de Acción da Axenda Urbana do Eixo Atlántico cumpre cos obxectivos da Axenda 2030 de Nacións Unidas
A reunión celebrouse en Vigo, no marco da posta en marcha deste documento de planificación territorial
Os 17 obxectivos da Axenda 2030 das Nacións Unidas estarán integrados no Plan de Acción da Axenda Urbana do Eixo Atlántico.
Expertos de distintos ámbitos traballan coa asociación transfronteiriza para lograr que a que constitúe a primeira axenda urbana transfronteiriza da Unión Europea integra tamén os criterios da ONU.
Unha ducia de expertos mantiveron esta mañá unha reunión de traballo na oficina de Vigo do Eixo Atlántico para avanzar nestes traballos.
O Eixo Atlántico traballa no Desenvolvemento do Plan de Acción da Axenda Urbana co obxectivo de concretar un instrumento de desenvolvemento rexional ao servizo do sistema urbano da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal.
Máis fotos da reunión
https://www.eixoatlantico.com/gl/noticias/internacionalizacion/expertos-de-todos-los-ambitos-garantizan-que-el-plan-de-accion-de-la-agenda-urbana-del-eixo-atlantico-cumple-con-los-objetivos-de-la-agenda-2030-de-naciones-unidas-1#sigProId5df3b24ef9