Os socios do proxecto EURE, liderado polo Eixo Atlántico, reuníronse o 22 de setembro para facer un repaso da evolución do proxecto durante o últimos seis meses e abordar as actividades previstas nas próximas semanas.
Aínda que finalmente os socios non puidesen verse en Riga, como inicialmente estaba previsto, este cuarto comité de pilotaxe, que por razóns sanitarias tivo que realizarse online, demostrou que os socios conservan toda a motivación e ambición respecto deste proxecto, xa demostrada en ocasións anteriores.
Debido á pandemia do COVID-19, o calendario previsto para as visitas de estudo foi modificado para poder adaptalo ás actuais restricións de viaxe e normas de distancia social. Con todo, os socios xa teñen en mente unha solución alternativa. Utilizando todas as cartas das que dispoñen, os socios continuarán co intercambio de experiencias, analizando as fortalezas e oportunidades de cada territorio implicado no proxecto. Así, os socios chegaron a un acordo preliminar sobre un novo calendario de viaxes, que deberán ratificar a inicio do ano que vén, de acordo coas últimas novidades da situación da pandemia a nivel global.
Unha proba da resiliencia de EURE e ansia de intercambio de coñecemento mesmo durante este período é o feito de que durante a reunión xurdiron suxestións para producir novas publicacións, centradas na experiencia gañada por cada socio durante a crise da COVID-19 e co ánimo de compartila con outras autoridades públicas de Europa. Aínda será preciso perfilar os últimos detalles pero, o entusiasmo é claro.
O próximo paso de EURE será finalizar os informes rexionais de cada socio, que serán publicados a final de ano na web do proxecto. Estes, ademais, completaranse co Informe Conxunto acerca de como os fondos previstos no art.7 FEDER se utilizan en cada territorio socio para promover o desenvolvemento sustentable das políticas urbanas.
Máis información: https://www.interregeurope.eu/eure/news/