Skip to main content

EPICAH: continúan os avances

EPICAH: continúan os avances

Os socios do Proxecto EPICAH, que lidera o Eixo Atlántico, reuníronse este martes con esforzos e ilusión renovados para compartir os seus avances na posta en marcha dos plans de mellora dos programas transfronteirizos nos seus territorios.

Esta reunión, que debería ter lugar en Italia, é a primeira desde 2019, momento en que os socios pecharon a primeira fase do proxecto con todos os seus plans de acción aprobados e listos para porse en marcha. Hoxe, nove meses e unha pandemia despois, os socios probaron a súa capacidade de resiliencia para manter o ritmo de implementación das accións previstas a pesar da COVID 19 e os efectos das medidas implementadas para a súa contención.

Non todos os plans de acción contemplan o mesmo tipo de medidas polo que non todos sufriron os efectos das restricións da mesma maneira. Pero en termos xerais, a pesar de experimentar atrasos, todos os plans progresan segundo o calendario previsto inicialmente.

Finalmente, tal e como vén sendo habitual nas reunións de EPICAH, os resultados foron máis aló do esperado. Ademais de abordar o proxecto, as súas actividades, punto de situación e planificación das accións futuras, os socios exploraron diferentes opcións para manter vivo o partenariado e as actividades en rede tras a finalización do proxecto. Así mesmo, tamén intercambiaron información e impresións acerca das prioridades políticas que en cada territorio están a establecerse en turismo, cultura e patrimonio natural e cultural.

Máis información: https://www.interregeurope.eu/epicah/