Nesta ocasión o foco pousouse na fronteira Estoniana-Letonia onde os socios puideron avaliar interesantes experiencias sobre como o patrimonio inmaterial pode ser transformado en motor de desenvolvemento económico
O Eixo Atlántico participou, do 3 ao 7 de xuño, nun intercambio de experiencias sobre a posta en valor do patrimonio inmaterial, desenvolvida na fronteira entre Estonia e Letonia.
No marco do proxecto EPICAH, liderado polo Eixo Atlántico, 9 socios de 7 rexións europeas levan dous anos desenvolvendo este proxecto que lles permite intercambiar boas prácticas e metodoloxías de posta en valor do patrimonio material e inmaterial, así como o patrimonio natural para o desenvolvemento socioeconómico das zonas de fronteira a través do turismo.
Nesta ocasión o foco pousouse na fronteira Estoniana-Letonia onde os socios puideron avaliar interesantes experiencias sobre como o patrimonio inmaterial pode ser transformado en motor de desenvolvemento económico dunha rexión fronteiriza, tomando precisamente, ademais, a fronteira como elemento dinamizador e diferenciador da oferta.
Así mesmo, merece a pena destacar ademais a visita á eurocidade Valga (EE)-Valka (LV). Unha cidade única dividida pola fronteira entre dous países. Unha moi interesante experiencia que permitiu aos representantes do Eixo Atlántico coñecer de primeira man e por boca dos responsables políticos e técnicos desta eurocidade como cada día deben facer fronte a retos na convivencia e a organización conxunta da eurociudade tales como diferenzas de fiscalidade ou dificultades para a coordinación do transporte entre os dous lados da cidade; da súa experiencia extráense ideas interesantes e potencialmente aplicables no noso territorio, en calquera caso, enriquecedoras para o desenvolvemento socioeconómico da nosa fronteira.
Máis información: https://www.interregeurope.eu/epicah/