Skip to main content

O presidente da RIET aborda con Ana Pastor a Interparlamentaria de Fronteira

O presidente da RIET aborda con Ana Pastor a Interparlamentaria de Fronteira

Configuraría toda a arquitectura estratéxica de lobby para a defensa dos intereses da fronteira

O presidente da Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas (RIET), José Couto, mantivo unha reunión coa presidenta do Parlamento español, Ana Pastor, co obxectivo de impulsar a Interparlamentaria de Fronteira, proposta esta que emana da asemblea xeral celebrada o pasado mes de novembro na localidade portuguesa de Miranda do Douro.

A Interparlamentaria, xunto co xa existente Consello Consultivo de Fronteira, configuraría toda a arquitectura estratéxica de lobby para a defensa dos intereses da fronteira hispano-portuguesa, liderada pola RIET.

A presidenta do Parlamento mostrouse extraordinariamente receptiva á idea proposta, que trasladará ao seu homólogo portugués, Ferro Rodrigues, nunha próxima reunión.

O presidente da RIET, acompañado polo ex embaixador de España en Lisboa e membro do Consello Consultivo de Fronteira da RIET, Eduardo Junco, así como do secretario xeral da Rede, Xoán Vázquez Mao, tamén lle trasladou a principal prioridade da entidade, que pasa pola reforma do marco xurídico das relacións entre España e Portugal.