O Ministro de Planificación e de Infraestruturas, Pedro Marques, firma, en Viana do Castelo, o contrato de obra de electrificación do tramo ferroviario entre Nine e Viana do Castelo, según avanzou o Eixo Atlántico o Presidente de Infraestruturas de Portugal, IP, nas pasadas semanas, cun valor de preto de 28,5 millóns de euros para a modernización da liña do Miño.
O contrato de obra de electrificación do tramo con 43,6 kilómetros entre Nine, en Vila Nova de Famalicão, e Viana do Castelo, cun valor de preto de 16 millóns de euros, executarase no ámbito do proxecto de modernización da Liña do Miño que Infraestruturas de Portugal, IP, está implementando. A primeira obra no terreo deste, a supresión do pasaxe de nivel en Midões, Barcelos, arrancou a finales de xuño.
O contrato de obra contempla tamén a construción de estacións técnicas en Midões e Barroselas para permitir o cruzamento de trens de 750 metros, a alteración de diseño das estacións de Barcelos, Barroselas, Darque e Viana do Castelo, o descenso da vía baixo algunhas pasaxes superiores existentes e a impermeabilización dos túneles de S. Miguel da Carreira, Tamel e Santa Lucrécia.
Ao longo do traxecto a modificar realizarase a intensificación e prolongación de plataformas de acceso nas estacións, con vista a adecuación e mellora das condicións de explotación e de prestación do servizo ferroviario.
Asinaráse tamén o comezo dos traballos para os contratos de obra de diseño/construcción da subestación eléctrica en Vila Fria, cun valor de 3,7 millóns de euros, e o diseño, construcción e mantemento da sección do sistema de señalización Nine/ Valencia, que ascende a 8,8 millóns de euros.