O control de fronteiras entrou en vigor o 16 de marzo
O Consello de Ministros de Portugal aprobou, por vía electrónica, a resolución que vai manter máis aló do día 14 de maio o control das fronteiras terrestres con España.
"O Consello de Ministros aprobou a resolución que prorroga a reposición, a título excepcional e temporal, do control de persoas nas fronteiras, no ámbito da pandemia da enfermidade covid-19", afírmase no comunicado divulgado a finais da reunión extraordinaria do Goberno.
Esta resolución entra en vigor ás 00.00 horas do día 14 de maio, xoves.
A indicación de que o control de persoas nas fronteiras manteríase máis aló de 14 de maio xa fora anunciada polo ministro da Administración Interna, Eduardo Cabrita, durante unha audición na comisión parlamentaria de Asuntos Constitucionais.
Nesta ocasión, o ministro non avanzou unha data para a reapertura, que dependerá “do éxito de Portugal e de España na loita contra o covid-19”. O control das fronteiras terrestres entre España e Portugal estableceuse o pasado 16 de marzo en nove puntos da fronteira entre ambos os países.