Skip to main content

David Pontes e Anxo Lugilde analizan a actualidade política da Eurorrexión en Radio Vigo

David Pontes e Anxo Lugilde analizan a actualidade política da Eurorrexión en Radio Vigo

O adxunto á dirección do Jornal de Noticial e o correspondente da Vanguardia en Galicia e Portugal participaron no programa mensual

A actualidade política, con especial énfase ás autárquicas celebradas en Portugal e os cambios no Goberno luso logo da crise dos incendios que asolaron as dúas beiras do Miño, foi abordada no programa mensual que Radio Vigo Grupo de Comunicación dedica á Eurorrexión a través do programa “Hoy por Hoy” da Cadena Ser e Localia Televigo, que tamén emite Antena Minho.

O debate presentado por Jacobo Buceta contou coa participación do adxunto á dirección do Jornal de Noticias, David Pontes, e o correspondente da Vanguardia para Galicia e Portugal, Anxo Lugilde, quen tamén colabora con Visão.