Até o día 6 de maio está aberto o prazo para participar no concurso de fotografía organizado polo Centro de Estudos Ibéricos -CEI.
Co obxectivo de promover a cooperación transfronteiriza a través da imaxe o Centro de Estudos Ibéricos convoca o concurso de fotografía "Transversalidades". O prazo para participar está aberto até o 6 de maio e os temas do concurso son:
1 -Patrimonio natural, paisaxes e biodiversidade: recursos e riscos naturais; aproveitamento, xestión e ordenamento dos espazos naturais; diversidade de contextos ou a de relacións home co medio.
2 - Espazos rurais, agricultura e poboación: produtos e producións agrícolas; organización do espazo rural; locais e arquitectura rural; mobilidades
3 - Cultura e procesos de urbanización: cidade, arquitectura, rexeneración e procesos de urbanización; paisaxes, ambientes e vivencias urbanas, etc.
4 - Cultura e sociedade: diversidade cultural e inclusión social (patrimonio construído e cultural; modos de vida e condicións sociais; loita contra a pobreza e a exclusión social)
A inscrición é gratuíta e universal. Cada concursante só pode concorrer cun portfolio de seis fotografas nun único tema do concurso. O concurso prevé premios en metálico para o mellor traballo de todas as categorías, así como para o mellor *portfolio por categoría e mencións de honra.