O convenio transfronteirizo beneficia especialmente aos alumnos de nacionalidade española que realizan os seus estudos no centro luso
A xerencia sanitaria ourensá ampliou onte o convenio que desde o ano 2011 permite a alumnos da *EScola Superior de Enfermaría Timoteo Montalvao Machado de Chaves poidan realizar prácticas en Ourense. O novo convenio, que onte asinaban Eloína Núñez e a presidenta do consello da escola lusa, Cristina Moura, amplía os centros que acollerán a estes estudantes a todos os centros sanitarios da provincia.
Este acordo transfronteirizo beneficia especialmente a alumnos españois que se forman nesa escola do país veciño e que así teñen a posibilidade de realizar as prácticas nun centro máis próximo ao seu lugar de residencia. De feito, a maioría dos que adoitan acollerse a este convenio de prácticas son de nacionalidade española, aínda que cada vez máis alumnos portugueses solicitan esta posibilidade.
En principio o acordo centrouse no hospital de Verín e pouco a pouco foise ampliando ao CHUO e este ano tamén ao hospital valdeorrés. En total 37 estudantes repartiranse este ano no tres hospitais. Ademais farán prácticas en Primaria 17 estudantes do centro luso. Repartiranse nos centros de saúde de Ourense, Verín e comarca, Xinzo e O Carballiño.