Skip to main content

Aberto o prazo para presentar proxectos para a integración de refuxiados

Aberto o prazo para presentar proxectos para a integración de refuxiados

Un dos principais obxectivos do programa Europa Creativa é impulsar, salvagardar e promover a diversidade cultural e lingüística europea. Nun momento en que Europa está a recibir un número extraordinario de refuxiados, axudar aos Estados membros a facer fronte a esta situación é unha prioridade fundamental da UE.

Neste marco, até o 28 de abril está aberta unha convocatoria de proxectos dirixida a promover proxectos culturais e audiovisuais transnacionaIs que poidan:

-    Axudar aos refuxiados a socializarse e expresarse sen ter que falar necesariamente de forma inmediata o idioma do país de acollida.
-    Operar como plataformas de aprendizaxe, promovendo o respecto e a compresión da diversidade, os valores democráticos e a cidadanía.
-    Ofrecer aos cidadáns da UE a oportunidade de descubrir e coñecer os valores e as culturas dos refuxiados.
-    Apoiar a exhibición eu creación conxunta de obras culturais e audiovisuais en Europa.
-    Ofrecer a posibilidade de colaborar con organizacións doutros sectores para estimular unha resposta máis global, rápida, eficaz e duradeira a este reto mundial.

As subvencións serán de 100.000 a 200.000 euros. A porcentaxe máxima de cofinanciamento será o 80% dos custos subvencionables. O orzamento total dispoñible para esta convocatoria é de 1,6 millóns de euros cos que se estima financiaranse entre 8 e 12 proxectos en toda Europa

 

Más información : Aquí