O 15 de decembro a Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana abriu a primeira convocatoria para presentar accións urbanas innovadoras; unha convocatoria que conta con 80 millóns de euros.
As Accións Urbanas Innovadoras son un novo instrumento de financiamento xestionado pola comisión Europea co obxecto de testar novas solucións aos retos das autoridades urbanas. Conta cun orzamento total de 371 millóns de euros para o período 2015-2020, dos que 80 millóns asignaranse nesta primeira convocatoria. O secretariado desta iniciativa, responsable da súa xestión, corresponde á rexión francesa de Nord-pas de Calais.
A convocatoria actualmente en vigor, que estará aberta até o 31 de marzo de 2016, céntrase en catro ámbitos ligados ao a Axenda Urbana Europea:
- Enerxía
- Pobreza (centrándose nos barrios degradados)
- Inclusión dos inmigrantes e refuxiados
- Emprego e cualificaciones para o emprego na economía local.
Os proxectos financiados por esta iniciativa recibirán un máximo de 5 millóns FEDER por proxecto, sendo o cociente de co-financiamento do 80% dos custos elegibles e a duración máxima por proxecto de 3 anos.
Esta convocatoria está aberta a núcleos urbanos de máis de 50.000 habitantes ou asociacións de cidades que, en total representen a máis de 50.000 habitantes. Estas últimas poden ser asociacións transfronteirizas. Só poderase presentar un proxecto por entidade local/asociación.
Máis información e guía do programa: http://www.uia-initiative.eu/fr/node/5