Iníciase un novo período no que se pretende reforzar tanto a operatividade e a súa participación noutras redes internacionais como C4C como o seu reforzo como entidade de lobby
A comisión executiva da Riet, reunida no Porto baixo a presidencia de José Maria Costa, definiu as novas liñas organizativas que presentará á asemblea xeral o próximo mes de novembro.
Con iso e unha vez finalizado o prazo de consolidación de estruturas conxuntas ao longo de toda a fronteira e no tres sectores - institucional, académico e empresarial- iníciase un novo período no que se pretende reforzar tanto a operatividade e a súa participación noutras redes internacionais como C4C como o seu reforzo como entidade de lobby en defensa dos intereses da fronteira e situarse para o novo marco de programación comunitaria a partir de 2020.